Oswaldo García Nardi

futbolista arxentino

Oswaldo García Nardi, nado en Rosario o 26 de marzo de 1927, é un ex futbolista arxentino. Xogaba de centrocampista. Chegou en 1950 ao Deportivo da Coruña, onde formou xunto a Corcuera, Franco, Tino e Moll, a Orquestra Canaro, unha das dianteiras máis célebres da historia do club.

Oswaldo
Información persoal
Nome Oswaldo García Nardi
Nacemento 26 de marzo de 1927 (94 anos)
Lugar de nacemento Rosario
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Newell's Old Boys
–1950 Tiro Federal
1950–1954 Deportivo da Coruña 108 (44)
1954–1957 Español 51 (7)
1957–1958 Granada 12 (0)
1958–1961 Deportivo da Coruña 6 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou en Newell's Old Boys, pasando logo ao Club Atlético Tiro Federal, onde xogou como interior dereito.[1] Con 23 anos chegou ao Deportivo da Coruña, acompañado por outra fichaxe arxentina, Julio Corcuera. para unirse a un equipo no que había dous futbolistas arxentinos máis, Rafael Franco e Rafael Ponce, ademais do adestrador, Oso Díaz.

No Deportivo formou xunto a Corcuera, Franco, Tino e Moll a célebre Orquestra Canaro, unha dianteira que marcou 57 goles na tempada 1950/51, dos cales 11 foron de Oswaldo. Xogou catro anos no Deportivo, sendo a súa mellor tempada a terceira, na que marcou 18 goles.

En outubro de 1954 foi traspasado ao Espanyol.[2][3] Xogou 63 partidos en tres tempadas co Espanyol, marcando 5 goles.[4] En agosto de 1957 fichou polo Granada adestrado por Scopelli,[5] onde xogou só 12 partidos, sen ver portería.

En agosto de 1958 volveu á Coruña, despois de rexeitar mellores ofertas económicas doutros equipos, para retirarse no equipo co que vivira a súa mellor época futbolística.[6] Con todo, o seu rendemento non foi bo, xogando só oito partidos na tempada 1958/59 e ningún na tempada seguinte, na que o adestrador Jesús Barrio chegou a prohibirlle adestrar co equipo, debido, segundo o club, ao seu mal comportamento.[7] En agosto de 1960 o club ofreceulle 300.000 pesetas e a carta de liberdade como liquidación do seu contrato, pero a oferta foi rexeitada, decidindo o xogador cumprir os dous anos que lle restaban de contrato.[8] Deste xeito o futbolista continuou no Deportivo durante a tempada 1960/61, aínda que o club se negou a pagarlle o salario correspondente. Finalmente o litixio resolveuse en xaneiro de 1961, coa desvinculación do futbolista do club, acordando un pagamento de 200.000 pesetas e outras 200.000 durante os seguintes dous anos.[9] Durante as súas dúas etapas no Deportivo xogou un total de 118 partidos e marcou 45 goles.

Vida persoalEditar

Casou coa coruñesa María del Pilar Martínez e tivo dous fillos, nacidos na Coruña.[6]

NotasEditar

  1. "Oswaldo, Corcuera y Moll, en La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 11 de agosto de 1950. p. 5. 
  2. "Osvaldo fue traspasado al Español de Barcelona". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 13 de outubro de 1954. p. 5. 
  3. "Osvaldo nuevo españolista". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de outubro de 1954. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  4. "Ficha de Oswaldo". periquito.cat (en catalán). Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  5. "Osvaldo ha firmado por el Granada". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de agosto de 1957. p. 5. 
  6. 6,0 6,1 ""Volver al Deportivo es estar de nuevo en casa", dice Osvaldo, ilusionado, además, ante la campaña que puede realizar el equipo coruñés". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 17 de agosto de 1958. p. 4. 
  7. "Con solo 5 taquillas, el Deportivo recaudó esta temporada casi tanto como en 15 de la anterior". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 13 de novembro de 1959. p. 5. 
  8. "Osvaldo rechaza la oferta del club". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de agosto de 1960. p. 5. 
  9. "Osvaldo causo baja definitiva". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 1961. p. 5. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar