Lev Iashin

futbolista soviético

Lev Ivanovich Iashin (en ruso: Лев Иванович Яшин), nado o 22 de outubro de 1929 e finado o 20 de marzo de 1990, foi un porteiro soviético de fútbol, considerado por moitos o mellor porteiro da historia.

Lev Iashin
LevYashin.JPG
Información persoal
Nome Lev Ivanovich Iashin
Nacemento 22 de outubro de 1929
Lugar de nacemento Moscova
Falecemento marzo de 1990
Lugar de falecemento Moscova
Altura 1,84 m
Posición Porteiro
Información de club
Club actual falecido
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado en Moscova (URSS) o 22 de outubro de 1929, toda a súa carreira transcorreu no Dinamo de Moscova, chegando a xogar 22 temporadas, entre os anos 1948 e 1970. Así mesmo foi titular indiscutible na selección nacional da URSS entre os anos 1954 e 1967 xogando 78 encontros.

Comezou sendo porteiro de hóckey sobre xeo no equipo da fábrica de ferramentas na que traballaba, pero aos 17 anos debeu substituír o porteiro do equipo de fútbol, dando alí os seus primeiros pasos neste deporte. En 1949 ingresou no Dínamo de Moscova equipo fundado no exército soviético, club no que desenvolveu toda a súa carreira, gañando cinco Ligas rusas e tres Copas.

Nos seus inicios no Dinamo estaba como terceiro porteiro, polo que ante a falta de oportunidades xogaba tamén no equipo de hóckey sobre xeo do Dinamo, co que gañou a Copa da URSS de 1953.

Entre o seu palmarés destacan os títulos de liga co Dínamo nos anos 1954, 1955, 1957, 1959 e 1963, e de copa en 1953, 1967 e 1970. A nivel internacional, coa URSS logrou o título de campión Olímpico en 1958 e o Campionato de Europa en 1960.

Retirouse no ano 1971, nun partido entre o Dínamo de Moscova e un equipo de estrelas europeas.

Durante a súa carreira foi quen de deter 150 penaltis, e a súa porta permaneceu 270 partidos a cero.

Morreu en marzo de 1990, á idade de 60 anos.

Trátase do porteiro por excelencia. Foi coñecido como a "araña negra" pola súa indumentaria e pola súa calidade. Excepcional en tódalas facetas do xogo, cuns asombrosos reflexos, magnífica colocación e poderosas saídas. Iashin é o único porteiro que gañou un Balón de Ouro (1963).

ClubsEditar

Club País Ano
FC Dinamo Moscova   Unión Soviética 19491971